O Concello saca a concurso o Servizo de Limpeza

A iniciativa surxe a raíz do programa de Integración Social, recentemente aprobado pola Deputación da Coruña.

Entón, á vista de dito programa, este concello prevé a contratación de persoal para o servizo de limpeza e outras actividades de carácter municipal.

Para poder acceder ao posto de traballo, é necesario estar dado de alta como demandante de emprego no INEM.

A duración do traballo será de sete meses, comezando o 1 de xuño e rematando o 31 de decembro.

Unha vez transcorrido o presente ano, para 2017 o servizo de limpeza adxudicarase mediante oferta pública.

A documentación a presentar polos interesados é a seguinte:

– Fotocopia do DNI

– Fotocopia do Permiso de Conducir

– Certificado de períodos de inscrición no INEM

– Certificado/s de Cursos realizados relacionados co posto de traballo.

– Contratos de traballo no mesma ocupación xunto co informe de vida laboral

– Celga 2 ou equivalente

– Instancia

A continuación, achéganse as bases reguladoras para a contratación de persoal de limpeza.

SKM_C284e16042709300_0001SKM_C284e16042709300_0002SKM_C284e16042709300_0003SKM_C284e16042709300_0004SKM_C284e16042709300_0005SKM_C284e16042709300_0006SKM_C284e16042709300_0007