“O FOGAR NA MONTAÑA” Novo Obradoiro de Emprego para a nosa comarca

O Concello de Toques, xunto cós de Curtis, Sobrado dos Monxes, Vilasantar e Mesía, vai levar a cabo un Obradoiro de Emprego (só para persoas desmpregadas, maiores de 18 anos e cun nivel de estudios mínimo) subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que comezará próximamente.

Para participar neste obradoiro é imprescindible anotarse na Oficina de Emprego (INEM) de Melide, especificando en dita oficina que é para o Obradoiro de Emprego “O Fogar na Montaña”

As especialidades a impartir durante o Obradoiro serán:

– Atención Sociosanitaria a persoas a domicilio.

– Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

 

Toques, 5 de Xullo de 2016

O Alcalde

Jose A. Penas García

descarga (1) Emblema_Europeo_FSE_color