Os peregriños que pasan pola Ruta do Camiño Primitivo poderán selar a súa acreditación en Villamor

Esta iniciativa que xa está en marcha trata de dar servizo á ruta de peregrinación a Santiago no seu paso por Toques. Ata o de agora os peregriños teñen unha parada a maiores en Villamor de Arriba, na súa Igrexa Parroquial de San Estevo de Villamor, onde poderase entrar a selar a acreditación válida e necesaria para solicitar a Compostela unha vez en Santiago.

Co seguinte horario, de Luns a Venres, de 9h. a 14h, preténdese dotar deste servizo en horario de mañá, xa que é o tempo durante o cal transitan maior número de peregriños que na maior parte inician esta etapa en San Román da Retorta (Guntín) ou en Ferreira (Plas de Rei).