Outono Xove 2021. Actividades de fin de semana para a mocidade en albergues xuvenís

Obxecto

A Xunta de Galicia pon en marcha o novo programa Outono Xove con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana entre finais de outubro e comezos de decembro nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia.

Destinatarios

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

Prazas ofertadas

Ofértanse 1.100 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana.

Prezo

A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros.

Prazo de inscrición

Comezará o día 14 de outubro ás 11.00 horas.

No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.