Paula Carballeira cós nenos e coas nenas do CEIP Plurilingüe de Toques

O derradeiro martes 11 de maio, as alumnas e alumnos do CEIP de Toques asistiron a unha espectacular sesión de contacontos a cargo de Paula Carballeira na aula da natureza.

A súa fantasía, a súa capacidade de facernos viaxar polo mundo e integrarnos nas historias fixo que os asistentes desfrutaramos de xeito especial nesta sesión enmarcada dentro da programación da Semana das Letras Galegas 2021 en Toques.