PRAZAS DE RESIDENCIA NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES DA CORUÑA, OURENSE E VIGO

NORMATIVA: Orde do 25 de maio de 2016 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2016/17. (DOG nº 108 do 8/06/2016)

OBXECTO: Adxudicar as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, ao alumnado que no curso académico 2016/17 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

REQUISITOS DE ACCESO: Será necesario cumprir uns requisitos académicos e persoais: estar matriculado/a en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados; non repetir curso; e non ter sido expulsado/a no curso anterior dun centro residencial.

Requisitos do lugar de residencia da unidade familiar e accesibilidade aos estudos: a persoa solicitante deberá estár matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que: non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar; tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Requisitos económicos: Terase en conta a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2014. A renda da unidade familiar obterase pola suma das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Nos centros residencias docentes da Coruña, Ourense e Vigo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo ordinario será:

-Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 15 de xullo de 2016

-Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 8 de agosto de 2016.

Cando feita a adxudicación de prazas en período ordinario sigan existindo prazas vacantes, o centro residencial abrirá un prazo extraordinario entre o 15 e o 30 de setembro de 2016.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.