PRAZAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

NORMATIVA: Orde do 18 de abril de 2016 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2016/17. (DOG nº 80 do 27/04/2016)

OBXECTO: Convocar para o curso académico 2016/2017, en réxime de concorrencia competitiva, 220 prazas para mozas/os (de 16 a 30 anos) nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social. Con esta oferta póñense as residencias xuvenís ao servizo da xuventude que por razóns de estudo ou traballo se vexa obrigada a permanecer fóra do concello onde ten a súa residencia familiar.

Prazas en réxime de internado home/muller por residencia:

-Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 74 prazas

-Ourense: Residencia Florentino L. Cuevillas. 55 prazas

-Vigo: Altamar. 92 prazas

Resérvase un 9% para mozos/as que desempeñen unha actividade estatutaria, funcionarial ou laboral, tanto se é por conta propia como allea.

PERÍODO DE ESTADÍA: O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendidio entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de xullo de 2017. As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coindidindo co curso académico no que estean matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e en todo caso concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos. Deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Nas Xefaturas Territorias da Consellería de Política Social ou nos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

PRAZO DE SOLICITUDE: Un mes contado desde o día seguinte á publicación da orde no DOG. Ata o 27 de maio de 2016.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.