Prazas xuvenís e de inclusión (discapacidade) no programa Campaña de verán-2018

NORMATIVA: Orde do 16 de abril de 2018 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2018 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 80 do 25/4/2018)

OBXECTO: Facilitarlle á mocidade galega a participación en actividades de tempo libre a través da oferta dun plan xeral de actividades que se desenvolverán tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses de xullo e agosto.

PARTICIPANTES: Mozos e mozas nados no ano sinalado no Anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:

  • Os/as nacidos/as no ano 2000 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
  • Os/as nacidos/as no ano 2009 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.

Para ser admitido no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio e saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade. Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da Orde: ata o 18 de maio de 2018.

MÁIS INFORMACIÓN: