Prazas xuvenís e de inclusión (discapacidade) no programa Campaña de verán 2019

Normativa

Orde do 8 de abril de 2019 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2019 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 76 do 22/4/2019)

Obxecto

Facilitarlle á mocidade galega a participación en actividades de tempo libre a través da oferta dun plan xeral de actividades que se desenvolverán tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Campamentos e quendas: http://xuventude.xunta.es/images/accion_de_veran/2019/anexos/gal_2019-ANEXO_IA.pdf

Participantes

Poden participar as persoas mozas galegas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:

  • As persoas nacidas no ano 2001 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • As persoas nacidas no ano 2010 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

Tamén poderán participar as persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % .

Prezos

Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I (alíneas A, B e C) desta orde. Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa, así como as familias monoparentais, terán un desconto do 50% sobre os prezos, e os do Carné Xove terán un desconto do 25%.

Prazo de solicitude

10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da Orde: ata o 7 de maio de 2019.