PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN DAS OBRAS DO POS 2016

PREGO DE CLAUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES.

CLÁUSULA PRIMEIRA. Obxecto e cualificación do contrato

O obxecto do contrato é a realización das obras consistentes en “CAMIÑO PONTE DA PEDRA A PIÑEIRO E OUTROS”. As obras van a consistir na reforma e rehabilitación dos camiños coa finalidade de mellorar a accesibilidade das poboacións que comunican.

O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de obras, tal e como establece o artigo 6 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

CLÁUSULA SEGUNDA. Procedemento de selección e adxudicación

A forma de adxudicación do contrato de obras “CAMIÑO PONTE DA PEDRA A PIÑEIRO E OUTROS” será o procedemento negociado con publicidade, no que a adxudicación recaerá no licitador xustificadamente elixido polo órgano de contratación, tras efectuar consultas cos diversos candidatos que se presenten e negociar as condicións do contrato con un ou varios deles, de acordo co artigo 169 e seguintes do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro ( concretamente artigo 171 apartado d) ).

CLÁUSULA TERCEIRA. Publicidade

Co fin de asegurar a transparencia, a publicidade e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade, este concello anunciará, cando menos, o procedemento de licitación a través dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña e o prego de condicións estará anunciado na páxina web do Concello: www.toques.es

CLÁUSULA CUARTA. Importe do contrato

O importe do presente contrato ascende á contía de 67.543,93 euros, ao que se engadirá o Imposto sobre o Valor Engadido[1] por valor de 17.954,72 euros, o que supón un total de 85.498,65 euros.

O valor estimado do contrato ascende á contía de 85.498,65 euros (IVE incluído), tendo en conta as posibles prórrogas e modificacións do mesmo.

O importe aboarase con cargo á aplicación presupostaria 453.60900 do vixente Orzamento Municipal; existindo crédito suficiente até o importe aprobado polo Concello, quedando acreditada a plena dispoñibilidade das achegas que permiten financiar o contrato.

CLÁUSULA QUINTA. Duración do contrato

A duración do contrato[2] de obras de “CAMIÑO PONTE DA PEDRA A PIÑEIRO E OUTROS”  será de 6 meses.

A execución do contrato de obras comezará coa acta de comprobación da implantación no prazo de 15 días desde a data de formalización do contrato.

CLÁUSULA SEXTA. Acreditación da aptitude para contratar

Poderán presentar ofertas as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, que non estean incursas en prohibicións de contratar e que acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica.

  1. A capacidade de obrar do empresario acreditarase:
  1. a) Dos empresarios que foren persoas xurídicas, mediante a escritura ou documento de constitución, os estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, de ser o caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  1. b) Dos empresarios non españois que sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, mediante a súa inscrición no rexistro procedente, de acordo coa lexislación do Estado onde están establecidos, ou mediante a presentación dunha declaración xurada ou un certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación.
  1. c) Dos demais empresarios estranxeiros, co informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da oficina consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa.
  1. A proba, por parte dos empresarios, da non concorrencia nalgunha das prohibicións de contratar reguladas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro poderá realizarse:
  1. a) Mediante un testemuño xudicial ou unha certificación administrativa, segundo os casos; cando o dito documento non poida ser expedido pola autoridade competente, este poderá ser substituído por unha declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa, un notario público ou un organismo profesional cualificado.
  1. b) Cando se trate de empresas de Estados membros da Unión Europea e esta posibilidade estea prevista na lexislación do Estado respectivo, poderá substituírse tamén por unha declaración responsable, outorgada ante unha autoridade xudicial.
  1. A solvencia do empresario[3]:

 

3.1 A solvencia económica e financeira do empresario deberá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes:

  1. a) Volume anual de negocios, ou ben volume anual de negocios no ámbito ao que se refira o contrato, por importe igual ou superior ao esixido no anuncio de licitación ou na invitación a participar no procedemento e nos pregos do contrato ou, na súa falta, ao establecido regulamentariamente.
  1. b) Nos casos en que resulte apropiado, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais por importe igual ou superior ao esixido no anuncio de licitación ou na invitación a participar no procedemento e nos pregos do contrato ou, na súa falta, ao establecido regulamentariamente.
  1. c) Patrimonio neto, ou ben cociente entre activos e pasivos, ao peche do último exercicio económico para o que estea vencida a obrigación de aprobación de contas anuais por importe igual ou superior ao esixido no anuncio de licitación ou na invitación a participar no procedemento e nos pregos do contrato ou, na súa falta, ao establecido regulamentariamente.

Como medio adicional aos previstos nas letras anteriores, o órgano de contratación poderá esixir que o período medio de pago a provedores do empresario, sempre que se trate dunha sociedade que non poida presentar conta de perdas e ganancias abreviada, non supere o límite que a estes efectos sexa establecido por Orde do Ministro de Facenda e Administracións Públicas tendo en conta a normativa sobre morosidade.

3.2. Nos contratos de obras, a solvencia técnica do empresario deberá ser acreditada por un ou varios dos medios seguintes:

  1. a) Relación das obras executadas no curso dos dez últimos anos, avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e foron levadas normalmente a bo termo; de ser o caso, devanditos certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente.
  1. b) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes.
  1. c) Títulos académicos e profesionais do empresario e dos directivos da empresa e, en particular, do responsable ou responsables das obras.
  1. d) Nos caso axeitados, indicación das medidas de xestión ambiental que o empresario poderá aplicar ao executar o contrato.
  1. e) Declaración sobre o persoal medio anual da empresa e a importancia do seu persoal directivo durante os tres últimos anos, acompañada da documentación xustificativa correspondente.
  1. f) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente.

CLÁUSULA SETIMA. Presentación de proposicións e documentación administrativa

O órgano de contratación disporá a correspondente publicación do anuncio de licitación para a presentación de solicitudes de participación e documentos que acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, ou se é o caso clasificación/declaración responsable que en todo caso conterá os requisitos de capacidade e solvencia, no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.

As ofertas presentaranse no concello, no lugar de Souto ( Toques ), en horario de atención ao público, nun prazo de 10 días hábiles dende a súa publicación no BOP de A Coruña.

As proposicións poderán presentarse por correo, por telefax ou por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos[4], en calquera dos lugares establecidos no artigo en 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cando se envíen as proposicións por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta o mesmo día mediante un télex, fax ou telegrama que consigne o número de expediente, o título completo do obxecto do contrato e o nome do candidato.

A acreditación da recepción do dito télex, fax ou telegrama efectuarase mediante unha dilixencia expedida o mesmo día polo secretario municipal. Sen a concorrencia de ambos os requisitos, non se admitirá a proposición se o órgano de contratación a recibe despois da data en que termina o prazo sinalado no anuncio de licitación. En todo caso, unha vez transcorridos os dez días seguintes a esa data sen que se recibise a documentación, esta non será admitida.

Os medios electrónicos, informáticos e telemáticos utilizables deberán cumprir, ademais, os requisitos establecidos na disposición adicional décimo sexta do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

Cada candidato non poderá presentar máis dunha oferta. Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en unión temporal con outros se o fixo individualmente ou figura en máis dunha unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas subscritas por el.

A presentación dunha oferta supón a aceptación incondicional por parte do empresario das cláusulas do presente prego.

As ofertas para participar na negociación presentaranse en dous sobres pechados, asinados polo candidato e con indicación do domicilio para efectos de notificacións, nos que se fará constar a denominación do sobre e a lenda «Oferta para negociar a contratación das obras de “CAMIÑO PONTE DA PEDRA A PIÑEIRO E OUTROS». A denominación dos sobres é a seguinte:

— Sobre «A»: Documentación administrativa.

— Sobre «B»: Oferta económica e documentación.

Os documentos que se deben incluír en cada sobre deberán ser orixinais ou copias verificadas, conforme á lexislación en vigor.

Dentro de cada sobre incluiranse os seguintes documentos, así como unha relación numerada deles:

SOBRE «A»

DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA

 1.- ACHEGA INICIAL DE DOCUMENTACIÓN MEDIANTE DECLARACIÓN RESPONSABLE ( OPCIÓN A )

  1. a) Declaración Responsable do licitador indicativa do cumprimento das condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

Presentarase conforme ao seguinte modelo:

«MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE

  1. _________________________, con domicilio a efectos de notificacións en _____________, r/ ____________________, n.º ___, con NIF n.º _________, en representación da Entidade ___________________, con NIF n.º ___________, a efectos da súa participación na licitación ________________________________, ante ________________________

DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE:

PRIMEIRO. Que se dispón a participar na contratación das obras de ___________________.

SEGUNDO. Que cumpre con todos os requisitos previos esixidos polo apartado primeiro do artigo 146 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público para ser adxudicatario do contrato de obras consistente en ___________________, en concreto:

— Que posúe personalidade xurídica e, se é o caso, representación.

— Que, no seu caso, está debidamente clasificada a empresa ou que conta cos requisitos de solvencia económica, financeira e técnica ou profesional.

— Que non está incurso nunha prohibición para contratar das recollidas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público e encóntrase ao corrente do cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes.

— Que se somete á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ao licitador. (No caso de empresas estranxeiras)

— Que o enderezo de correo electrónico en que efectuar notificacións é __________________________.

TERCEIRO. Que se compromete a acreditar a posesión e validez dos documentos a que se fai referencia no apartado segundo desta declaración, no caso de que sexa proposto como adxudicatario do contrato ou en calquera momento en que sexa requirido para iso.

E para que conste, asino a presente declaración.

En ____________, a ___ de ________ de 20__.

Sinatura do declarante,

Asdo.: ________________»

  1. ACHEGA INICIAL DE DOCUMENTACIÓN CONFORME AO ARTIGO 146.1 DO TRLCSP( OPCIÓN B ).
  1. a) Documentos que acrediten a personalidade xurídica do empresario.
  1. b) Documentos que acrediten a representación.

— Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutra persoa, presentarán unha copia notarial do poder de representación, verificado polo secretario da corporación.

— Se o licitador fose unha persoa xurídica, este poder deberá estar inscrito no Rexistro Mercantil cando sexa esixible legalmente.

— Do mesmo xeito, a persoa co poder verificado para os efectos de representación deberá achegar unha fotocopia compulsada administrativamente ou un testemuño notarial do seu documento nacional de identidade.

  1. c) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha prohibición para contratar das recollidas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

Esta declaración incluirá a manifestación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba ser presentada, antes da adxudicación, polo empresario a favor do cal se vaia realizar esta.

  1. d) Documentos que xustifiquen o cumprimento dos requisitos de solvencia económica, financeira e técnica.

Se a empresa se encontrase pendente de clasificación, deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso, debendo xustificar estar en posesión da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento da normativa de contratación para a emenda de defectos ou omisións na documentación.

  1. e) De ser o caso, un enderezo de correo electrónico en que efectuar as notificacións.
  1. F) As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que, de modo directo ou indirecto, puideren xurdir do contrato, con renuncia, de ser o caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que lle puider corresponder ao candidato.

SOBRE «B»

OFERTA ECONÓMICA E DOCUMENTACIÓN

  1. a) Oferta económica.

Presentarase de acordo co seguinte modelo:

«D. _________________________, con domicilio para os efectos de notificacións en _____________, r/ ____________________, núm. ___, con NIF_________, en representación da entidade ___________________, con NIF ___________, xa que recibín unha invitación para a presentación dunha oferta e xa que estou informado das condicións e requisitos esixidos para a adxudicación, por procedemento negociado sen publicidade, do contrato de obras de _____________________________, fago constar que coñezo o prego que serve de base ao contrato e que o acepto integramente, e que me comprometo a levar a cabo o obxecto do contrato polo importe de _________________ euros e ___________ euros correspondentes ao imposto sobre o valor engadido.

En concepto de melloras, me comprometo a levar a cabo melloras adicionais por importe de ____________ euros,  que comprenderán as seguintes unidades de obra a maiores tendo en conta os prezos do proxecto orixinal : a)………………………………………………………………………………………………………………………. .

b)………………………………………………………………………………………………………………………. .

c)………………………………………………………………………………………………………………………. .

____________, ___ de ________ de 20__

Sinatura do candidato

Asdo.: _________________.»

  1. b) Documentos que permitan ó organo de contratación valorar as condicións das ofertas segundo os aspectos de negociación.

CLÁUSULA OITAVA. Garantía provisional

En virtude do establecido no artigo 103 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, non se esixe garantía provisional para este contrato de obras.

CLÁUSULA NOVENA. Aspectos obxecto de negociación coa empresa

Para a valoración das ofertas e a determinación da que sexa economicamente máis vantaxosa atenderase a varios aspectos de negociación.

  1. A) Ampliación do prazo de garantía obligatorio ( 1 ano ) da obra a executar ( 4 puntos ).

Por cada ano a maiores de garantía a partires do primeiro ano, puntuarase con 1 punto.

  1. B) Memoria sobre as características estéticas ou funcionais da obra, e especificación das calidades dos materiais a empregar ( 4 puntos ).

Valorarase en dita memoria, o grado de especificidade dos datos e caracterísiticas que se establezan na propia memoria e en base a esos datos, as características estéticas dos materiais a empregar na obra, a sua adaptabilidade ó entorno, a calidade dos materiais a suministrar para realizar as obras descritas no proxecto. Para levar a cabo dita valoración, terase en conta o informe do técnico competente na materia que emite os informes de carácter urbanístico e técnico no Concello de Toques.

C ) Prezo do contrato ( 5 puntos ).

Por cada mellora adicional de 2.000,00 euros ( tendo en conta os prezos do propio proxecto en cada unidade de obra ) sobre o proxecto técnico orixinal da obra ( so se van a ter en conta as melloras en aspectos que estén contemplados no proxecto de obra ), valorarase con 1 punto.

D ) Control de calidade externo. ( 3 puntos ).

Se lle outorgará a máxima puntuación a aquelas proposicións que oferten unha maior porcentaxe con respecto o orzamento de execución material da obra. As restantes proposicións se puntuarán, por orde, con 2 puntos e 1 punto. A partir da cuarta proposición, se puntuarán con 0 puntos. A proposta se formulara a través de este modelo:

D./Dª __________ con residencia _____ provincia de _____ rúa _____  nº _____ con NIF nº _____ en nome propio ou en nome e representación da empresa __________ con CIF ______ e domicilio en _____ provincia de _____ rúa _____ nº______ teléfono ______ á que representa no procedemento de adxudicación do contrato de

(Título: …)

Comprométese a financiar, ademais do 1% mínimo obrigatorio, o ……..% (expresado con dous decimais) sobre o orzamento de execución material da obra, para que a administración realice o control externo de calidade, que será retido pola administración nas correspondentes certificacións de obra.

A administración, a través da Dirección de obra, ordenará a unha empresa especializada neste tipo de controis, contratada pola administración, que se verifiquen os ensaios e análises de materiais e unidades de obra que en cada caso resulten pertinentes e os gastos que se orixinen serán por conta do contratista ata un importe máximo do 1% do orzamento de execución material da obra.

No caso de que o contratista ofertara unha porcentaxe maior, a efectos de valoración, non se computa o 1% mínimo obrigatorio a que se refire o apartado anterior; é dicir, se unha empresa oferta o 3% de incremento de control de calidade externo, a efectos de financiamento polo contratista, a porcentaxe destinada a control externo a contratar pola administración será do 4% (3% ofertado polo adxudicatario máis 1% mínimo obrigatorio).

E ) Sistema de xestión de calidade ( 2 Puntos ).

Valorarase con 2 puntos a aquelas empresas que presenten a certificación ISO 9001.

CLÁUSULA DÉCIMA. Prerrogativas da Administración

O órgano de contratación, de conformidade co artigo 210 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, ten as seguintes prerrogativas:

  1. a) Interpretación do contrato.
  2. b) Resolución das dúbidas que ofreza o seu cumprimento.
  3. c) Modificación do contrato por razóns de interese público.
  4. d) Acordar a resolución do contrato e determinar os efectos desta.

CLÁUSULA DÉCIMO PRIMEIRA. Apertura de ofertas

O órgano de contratación, asistido polo Secretario- Interventor cualificará a documentación administrativa contida nos sobres «A» no terceiro día hábil posterior á finalización do prazo para a presentación das ofertas.

Se fose necesario, o Concello poderá conceder un prazo non superior a tres días para que o licitador corrixa os defectos ou omisións emendables observados na documentación presentada.

Procederase despois á apertura e exame do sobre «B» e comezará a valoración das ofertas presentadas e posterior negociación de acordo cos aspectos fixados no prego.

Para a valoración da memoria sobre as características estéticas ou funcionais da obra, e mantemento e conservación da obra realizada, terase en conta o informe do técnico que ten contratado o Concello de Toques para o servizo de asistencia urbanística coa empresa “Estudio Técnico Gallego S.A.”

Para a valoración dos criterios obxectivos, o órgano de contratación estará asistido polo Secretario do Concello de Toques.

CLÁUSULA DÉCIMO SEGUNDA. Requirimento da documentación

O órgano de contratación requiriralle ao licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa que, dentro do prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos previos a que fai referencia o artigo 146.1 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (se a achega inicial da documentación é substituída por unha declaración responsable do licitador), así como de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, ou que autorice ao órgano de contratación para obter de forma directa a acreditación diso, de dispor efectivamente dos medios que se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato, conforme o artigo 64.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, e de ter constituído a garantía definitiva que sexa procedente.

O momento decisivo para apreciar a concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar coa Administración será o da finalización do prazo de presentación das proposicións.

         CLÁUSULA DÉCIMO TERCEIRA. Garantía definitiva[6]

O candidato que presente a oferta economicamente máis vantaxosa deberá acreditar a constitución da garantía do 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

Esta garantía poderá prestarse nalgunha das seguintes formas:

  1. a) En efectivo ou en valores de Débeda Pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento desta lei. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais das delegacións de Economía e Facenda, ou nas caixas ou establecementos públicos equivalentes das comunidades autónomas ou entidades locais contratantes ante as que deban producir efecto, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento desta lei establezan.
  1. b) Mediante un aval, prestado na forma e nas condicións que establezan as normas de desenvolvemento desta lei, por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que deberá depositarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.
  1. c) Mediante un contrato de seguro de caución, realizado na forma e nas condicións que as normas de desenvolvemento desta lei establezan, cunha entidade aseguradora autorizada para operar no sector. O certificado do seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

A garantía non será devolta ou cancelada ata que se produza o vencemento do prazo de garantía e se cumpra satisfactoriamente o contrato.

Esta garantía responderá dos conceptos incluídos no artigo 100 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, e transcurrido 1 ANO desde a data de terminación do contrato, sen que a recepción formal e a liquidación tivesen lugar por causas non imputables ao contratista, procederase, sen máis demora, á súa devolución ou cancelación unha vez depuradas as responsabilidades a que se refire o citado artigo 100.

CLÁUSULA DÉCIMO CUARTA. Adxudicación do contrato

Unha vez recibida a documentación solicitada, o órgano de contratación deberá adxudicar o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación.

En ningún caso poderá ser declarada deserta unha licitación se existe algunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que recolle este prego.

A adxudicación, que deberá ser motivada, notificarase aos candidatos ou licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante.

A notificación deberá conter, en todo caso, a información necesaria que permita ao licitador excluído ou ao candidato descartado interpoñer un recurso suficientemente fundado contra a decisión de adxudicación. En particular expresará os seguintes puntos:

  • En relación cos candidatos descartados, a exposición resumida das razóns polas que se rexeitou a súa candidatura.
  • A respecto dos licitadores excluídos do procedemento de adxudicación, tamén de xeito resumido, as razóns polas que non se admitiu a súa oferta.
  • En todo caso, o nome do adxudicatario, as características e vantaxes da proposición do adxudicatario determinantes de que fose seleccionada a oferta deste con preferencia ás que presentaron os restantes licitadores cuxas ofertas foron admitidas.
  • Na notificación e no perfil do contratante indicarase o prazo en que se debe proceder á formalización.
CLÁUSULA DÉCIMO QUINTA. Formalización do contrato

A formalización do contrato en documento administrativo efectuarase dentro dos CINCO días hábiles seguintes contados desde a data da notificación da adxudicación; o dito documento constituirá título suficiente para acceder a calquera rexistro público.

O contratista poderá solicitar que o contrato sexa elevado a escritura pública e os correspondentes gastos correrán pola súa conta.

         CLÁUSULA DÉCIMO SEXTA. Dereitos e obrigas do adxudicatario

Ademais dos dereitos xerais derivados do réxime xurídico do presente contrato, o contratista terá dereito ao abono da prestación realizada nos termos previstos no Texto refundido da Lei de contratos do sector público e no contrato, de acordo ao prezo convido[7].

Aos efectos do pago, a Administración expedirá mensualmente, no primeiros dez días seguintes ao mes ao que correspondan, certificacións que comprendan a obra executada durante o devandito período de tempo, salvo prevención en contrario no prego de cláusulas administrativas particulares, cuxos abonos teñen o concepto de pagos a conta suxeitos ás rectificacións e variacións que se produzan na medición final e sen supor en forma algunha, aprobación e recepción das obras que comprenden.

O contratista poderá desenvolver os traballos con maior celeridade que a necesaria para executar as obras no prazo contractual, salvo que a xuízo da Dirección das obras existisen razóns para estimalo inconveniente.

Poderán verificarse abonos a conta, previa petición escrita do contratista por provisións de materiais, instalacións e equipos adscritos á obra, na forma e coas garantías que, para ese efecto, determinan o artigo 232 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro e artigos 155 a 157 do RXLCAP.

Ademais das obrigacións xerais derivados do réxime xurídico do presente contrato, o contratista terá as seguintes obrigacións específicas:

— Obrigacións laborais e sociais. O contratista está obrigado ao cumprimento das disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social e de prevención de riscos laborais.

—  O contratista está obrigado a pagar o anuncio da publicación da licitación no BOP de A Coruña.

— O contratista está obrigado a dedicar ou adscribir á execución do contrato os medios persoais ou materiais suficientes para iso (artigo 64.2 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro).

— O contratista está obrigado ao cumprimento dos requisitos previstos no artigo 227 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro,  para os supostos de subcontratación[8].

— Sinalización das obras. O contratista está obrigado a instalar á súa costa, as sinalizacións precisas para indicar o acceso á obra, a circulación na zona que ocupan os traballos e os puntos de posible perigo debidos á marcha daqueles, tanto na devandita zona como nos seus lindes e inmediacións.

— O contratista deberá cumprir as previsións recollidas no plan de seguridade e saúde no traballo.

CLÁUSULA DÉCIMO SEPTIMA. Facturas

Conforme á disposición adicional trixésimo terceira do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, o contratista terá obrigación de presentar a factura que expedise polos servizos prestados ante o correspondente rexistro administrativo a efectos da súa remisión ao órgano administrativo ou unidade a quen corresponda a tramitación da mesma.

Na factura incluiranse, ademais dos datos e requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, de 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigacións de facturación, os seguintes extremos previstos no apartado segundo da citada disposición adicional trixésimo terceira, así como na normativa sobre facturación electrónica.

CLÁUSULA  DECIMO OITAVA. Plan de seguridade e saúde no traballo

Unha vez formalizado o contrato, o adxudicatario elaborará un Plan de seguridade e saúde no traballo da obra, axustado ao estudo de seguridade e saúde do proxecto, no que se analicen, estuden, desenvolvan e complementen as previsións contidas nestes.

No devandito plan incluiranse, de ser o caso, as propostas de medidas alternativas de prevención que o contratista propoña, coa correspondente xustificación técnica, que non poderán supoñer unha diminución do nivel de protección previsto no estudo.

O Plan será aprobado polo concello antes do inicio da obra, logo do informe do coordinador en materia de seguridade e saúde ou da dirección facultativa da obra, se non fose preceptivo designar un coordinador, e comunicarase á autoridade laboral. Unha vez realizado este trámite, procederase á acta de implantación e inicio da obra.

CLÁUSULA DECIMO NOVENA. Revisión de prezos

Previa xustificación no expediente e de conformidade co previsto no Real decreto ao que se refiren os artigos 4 e 5 da Lei 2/2015, de desindexación da economía española, o prezo deste contrato poderá ser obxecto de revisión periódica e predeterminada, nos termos establecidos no capítulo II do Título III do Libro I, a condición de que se executase, polo menos, no 20% do seu importe e transcorresen dous anos desde a súa formalización.

CLÁUSULA VIXÉSIMA. Recepción e prazo de garantía

Á recepción das obras, no momento da súa terminación, concorrerá o responsable do contrato, se houbese un nomeado, ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se se considera oportuno, do seu facultativo.

Dentro do prazo de tres meses contados a partir da recepción, o órgano de contratación deberá aprobar a certificación final das obras executadas, que lle será aboada ao contratista á conta da liquidación do contrato.

Se se encontran as obras en bo estado e de acordo coas prescricións previstas, o funcionario técnico designado pola Administración contratante e representante desta daraas por recibidas, redactarase a correspondente acta e comezará entón o prazo de garantía.

Cando as obras non estean en estado de seren recibidas, farase constar así na acta e o director delas sinalará os defectos observados, detallará as instrucións precisas e fixará un prazo para remediar aqueles. Se, transcorrido o devandito prazo, o contratista non o efectuou, poderáselle conceder outro novo prazo improrrogable ou poderase declarar resolto o contrato.

Establécese un prazo de garantía dun ano ( mínimo legal ) contado desde a data de recepción das obras, salvo que na oferta se aumentase o prazo de garantía.

Dentro do prazo de quince días anteriores ao cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou por instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este for favorable, o contratista quedará liberado de toda responsabilidade, salvo da responsabilidade por vicios ocultos, e procederase á devolución ou cancelación da garantía, á liquidación do contrato e, se é o caso, ao pagamento das obrigas pendentes que deberá efectuarse no prazo de sesenta días. Se o informe non fose favorable e os defectos observados se deberen a deficiencias na execución da obra e non ao uso do construído, durante o prazo de garantía, o director facultativo procederá a lle ditar as oportunas instrucións ao contratista para a debida reparación do construído e concederalle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade ningunha por ampliación do prazo de garantía.

Se a obra se arruína con posterioridade á expiración do prazo de garantía por vicios ocultos da construción, debido ao incumprimento do contrato por parte do contratista, este responderá dos danos e perdas que se manifesten durante o prazo de quince anos contados desde a recepción.

         CLÁUSULA VIXÉSIMO PRIMEIRA. Execución do contrato

A execución do contrato de obras comezará coa segunda acta de comprobación da implantación e do inicio das obras. Para tales efectos, dentro do prazo que se consigne no contrato, que non poderá ser superior a un mes dende a data da súa formalización, salvo en casos excepcionais xustificados, o servizo da Administración encargada das obras procederá, en presenza do contratista, a realizar a comprobación do trazado de planta feito con ocasión da aprobación do proxecto de obras; esta segunda acta do resultado redactarase e será asinada por ambas as partes interesadas. Remitiráselle un exemplar dela ao órgano que asinou o contrato.

As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas no presente prego de cláusulas administrativas particulares e ao proxecto que serve de base ao contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste lle deren ao contratista o director facultativo das obras, [e, de ser o caso, o responsable do contrato], nos ámbitos da súa respectiva competencia.

O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización deste, así como dos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva.

A constitución en mora do contratista non precisará intimación previa por parte da Administración.

CLÁUSULA VIXÉSIMA SEGUNDA. Modificación do contrato

Téñase en conta que de conformidade co artigo 105 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, sen prexuízo dos supostos previstos na normativa para os casos sucesión na persoa do contratista, cesión do contrato, revisión de prezos e prórroga do prazo de execución, os contratos do sector público só poderán modificarse cando así se previse nos pregos de condicións ou no anuncio de licitación, ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do mesmo texto legal.

Nos demais de supostos, se fose necesario que a prestación se executase de forma distinta á pactada, inicialmente deberá procederse á resolución do contrato en vigor e á celebración doutro baixo as condicións pertinentes.

Así, a normativa de contratación permítenos modificar os contratos do sector público:

  1. Sempre que nos pregos ou no anuncio de licitación se advertise expresamente desta posibilidade e se detallase de forma clara, precisa e inequívoca as condicións en que poderán facerse uso da mesma, así como o alcance e límites das modificacións que poden acordarse con expresa indicación da porcentaxe do prezo do contrato ao que como máximo poidan afectar, e o procedemento que deba de seguirse para iso.
  2. Se non se previu nos pregos ou no anuncio de licitación, só poderán efectuarse modificacións cando se xustifique a concorrencia dalgunha das seguintes circunstancias:
    • Inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas.
    • Inadecuación do proxecto ou das especificacións da prestación por causas obxectivas que determinen a súa falta de idoneidade, consistentes en circunstancias de tipo xeolóxico, hídrico, arqueolóxico, medioambiental ou similares, postas de manifesto con posterioridade á adxudicación do contrato e que non fosen previsibles con anterioridade aplicando toda a dilixencia requirida de acordo cunha boa práctica profesional na elaboración do proxecto ou na redacción das especificacións técnicas.
    • Forza maior ou caso fortuíto que fixesen imposible a realización da prestación nos termos inicialmente definidos.
    • Conveniencia de incorporar á prestación avances técnicos que a melloren notoriamente, sempre que a súa dispoñibilidade no mercado, de acordo co estado da técnica, se producise con posterioridade á adxudicación do contrato.
    • Necesidade de axustar a prestación a especificacións técnicas, medio ambientais, urbanísticas, de seguridade ou de accesibilidade aprobadas con posterioridade á adxudicación do contrato].

CLÁUSULA VIXÉSIMO TERCEIRA. Penalidades por incumprimento

— Cando o contratista, por causas imputables a el, incorra en demora respecto ao cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,20 Euros por cada 1.000,00 euros do prezo do contrato.

Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades.

— Cando o contratista, por causas imputables a el, incumpra a execución parcial das prestacións definidas no contrato, a Administración poderá optar, indistintamente, pola súa resolución ou pola imposición das penalidades establecidas anteriormente.

As penalidades impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptado por proposta do responsable do contrato, se houber un designado, que será inmediatamente executivo, e faranse efectivas mediante a dedución das cantidades que, en concepto de pagamento total ou parcial, se lle deban aboar ao contratista ou sobre a garantía que, de ser o caso, se constituíse, cando non poidan ser deducidas das mencionadas certificacións.

CLÁUSULA VIXÉSIMO CUARTA. Resolución do contrato

A resolución do contrato producirase nos supostos que se sinalan neste prego e nos fixados nos artigos 223 e 237 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, e será acordada polo órgano de contratación, de oficio ou por instancia do contratista.

Cando o contrato sexa resolto por culpa do contratista, incautarase a garantía definitiva, sen prexuízo da indemnización polos danos e perdas orixinados á Administración no que excedan do importe da garantía.

CLÁUSULA VIXÉSIMO QUINTA. Réxime xurídico do contrato

Este contrato ten carácter administrativo e a súa preparación, adxudicación, efectos e extinción rexeranse polo establecido neste prego; para o non previsto nel, será de aplicación o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, o Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e o Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, en todo o que non se opoña ao Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembroe estea vixente tras a entrada en vigor do Real decreto 817/2009. De maneira supletoria, aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, a falta delas, as normas de dereito privado.

A orde xurisdicional contencioso-administrativa será a competente para resolver as controversias que xurdan entre as partes do presente contrato, de conformidade co disposto no artigo 21.1 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

En Toques a 9 de xuño de 2016

O alcalde

Asdo.: José Ángel Penas García.