PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS

NORMATIVA: Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018. (DOG nº 22 do 31/01/2018)

PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos) e que, durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. (As persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías)

REQUISITOS:

  • Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
  • Que durante o ano 2016, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
  • Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

CONTÍA DAS AXUDAS:

  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

PRAZO: 35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Desde o 1 de febreiro  ata o 21 de marzo de 2018, ámbolos dous incluídos.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.