PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS.

NORMATIVA: Orde do 31 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016 (DOG nº 17 do 27/01/2016)

OBXECTO: Establecer as bases e convocatoria para a concesión  da prestación familiar por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016.

PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2.1.2013 e o 1.1.2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. Aquelas persoas solicitantes dela no ano 2015 que, cumprindo todos os requisitos sinalados na Orde do 30 de decembro de 2014, e modificada pola Orde do 31 de agosto de 2015, non se lles aboara por insuficiencia orzamentaria.

CONTÍA DA AXUDA:

-Cando sexa a primeria filla ou fillo: 360 euros

-Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros

-Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Corenta días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicaicón desta orde no DOG. Até o 7 de marzo de 2016.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO.