Probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación

NORMATIVA: Resolución do 22 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación. (DOG nº 6 do 10/01/2023).

OBXECTO: Favorecer a calidade e a integración da formación profesional para o emprego, facendo posible que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación dos Certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, que lles permitirá progresar no mercado laboral.

COMPETENCIAS QUE SE CONVOCAN:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  • Competencia matemática.

As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3, son Competencia Matemática, Comunicación en Lingua Castelá e Comunicación en Lingua Galega.

A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI da resolución.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN:

Poderán presentarse ás probas para a obtención do certificado de superación das competencias clave necesarias para o acceso a certificados de profesionalidade tanto do nivel 2 como do nivel 3, as persoas que cumpran os dous seguintes requisitos:

  1. Maiores de 16 anos ou que os fagan en 31 de decembro do ano natural en que se celebran as probas;
  2. Non estar en posesión de ningún dos requisitos de acceso á formación dos certificados de profesionalidade establecidos no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 9, do 15/01/2014).

No anexo III da resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional a que se refire o punto anterior.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

  • Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica.
  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

PRAZO: Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Ata o 10 de febreiro de 2023.