Procedemento de Avaliación, Recoñecemento e Acreditación de Competencias profesionais (ARA)

Presentación ARA : pinchando neste enlace, obtés información ampliada de todo o procedemento.

En qué consiste?

En mellorar o futuro profesional dos traballadores/as  con experiencia laboral ou formación NON formal relacionada coas competencias acreditables obtidas nalgún ámbito de traballo: carpintería, fontanería, electricidade, Atención á infancia ou aos maiores, costureiras, perruquería, e máis.

Qué se obtén?

Un certificado oficial en todo o territorio nacional que demostra a experiencia e coñecemento obtido no ámbito laboral, o cal capacita e pode axudar a mellorar o futuro profesinal.

Requisitos:

Ademáis da experiencia laboral ou a formación non formal relacionada coas competencias acreditables, establécense tres niveis de requisitos:

A. Experiencia Laboral:

  • Nivel 1: Máis de 18 anos con 2 anos de experiencia e 1200 horas traballadas.
  • Nivel 2 e 3: máis de 20 anos con 3 anos de experiencia e 2000 horas traballadas.

B. Formación non formal:

  • Nivel 1: Máis de 18 anos con un mínimo de 200 horas de formación.
  • Nivel 2 e 3: máis de 20 anos con un mínimo de 300 horas de formación.

En todo caso, as persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun ciclo de formación profesional ou realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a súa inscrición.

Cómo realizar unha solicitude?

A solicitude de participación nop procedemento de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias (Procedemento ARA) deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia:

http://sede.xunta.gal

Inda que, previamente deberá cubrirse os datos correspondentes a través da aplicación informática ACREDITA:

http://edu.xunta.gal/fp/acredita

Cal é o prazo de solicitude?

Este procedemento está aberto permanentemente.

Fases do procedemento.

1. Asesoramento

Fase durante a cal un asesor axudará a recoller todas os probas que poidan achegar para defender a competencia profesional: proxectos, traballos realizados, certificados, cursos, referencias, informese/ou certificados de empresa.

2. Avaliación das competencias profesionais

Fase durante a cal se realixa unha avaliación do exposto na documentación achegada na fase de asesoramento. Pode ser, mediante observación directa, no posto de traballo, simulación, entrevista e/ou unha proba estandarizada de competencia profesional.

3. Acreditación e rexistro das competencias

Unha vez superado o proceso de avaliación obterase un certificado de acreditación de cada unha das unidades de competencia nas que se demostra dita competencia profesional.

Lugar de realización:

O proceso desenvolverase nos centros educativos con oferta de formación profesional.

Taxas:

Para participar en cada unha das fases do proceso, a persoa candidata admitida terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes nun prazo de 10 días hábiles contados desde a comunicación de persoa admitida no proceso.

Amplía a información sobre as taxas (prezo, códigos e máis) no seguinte enlace: info_taxas_acredita