Programa de benestar a través da talasoterapia 2019

Normativa

Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento dentro do programa de Benestar a través de talasoterapia 2019 e se realiza a súa convocatoria. (DOG nº 64 do 2/4/2019)

Obxecto

Ofertar 362 prazas para as estadías e os tratamentos dentro do programa de Benestar a través de talasoterapia 2019. Enténdese por talasoterapia o método terapéutico que se basea na utilización do medio mariño (auga de mar, algas, barro e outras sustancias extraídas do mar) e do clima como axente terapéutico. O programa ten como finalidade facilitarlles ás persoas maiores o acceso a establecementos que ofertan talasoterapia en épocas en que a climatoloxía non permite gozar directamente dos beneficios das augas mariñas.

Persoas beneficiarias e requisitos

  1. Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
  4. Non padecer alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos de talasoterapia.
  6. Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos talasos e quenda solicitada.

A persoa solicitante poderá ir acompañada:

  1. O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.
  2. ) Dun fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos citados no número 1, agás o da letra a).
  3. Unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados no apartado 1.

Quendas

As quendas teñen una duración de 6 días, con cinco noites cada unha, e comprenderán desde as catorce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída. O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o mes de maio e o de novembro de 2019.

Prazo de presentación

Un mes desde o día seguinte á publicación da orde no DOG. Ata o 2 de maio de 2019.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.