PROGRAMA DE INTERCAMBIO XUVENIL INTERNACIONAL REAJ-2016

OBXECTO: Potenciar o desenvolvemento profesional dos mozos/as, facilitándolles así a súa formación nas distintas actividades que se realizan nas instalacións dos albergues. Así mesmo, adquirirán un coñecemento intercultural durante a súa estanciá no país de acollida, impulsando a aprendizaxe de idiomas, o respecto por outras culturas e formas de vida, e a súa influencia nas distintas ramas profesionais.

BENEFICIARIOS: Mozos/as de 18 a 30 anos de calquera Comunidade Autónoma, que reúnan estas características:

– Ter ganas de vivir unha experiencia internacional que mellorará o seu Cv

– Posuír o carné de alberguista en vigor durante o desenvolvemento do programa

– Ter un coñecemento fluído do idioma principal do país de destino (nivel mínimo esixido de ingles: B1)

Posibilidade de participar tamén en destinos dentro de España, nos que non é necesario contar co nivel mínimo de inglés esixido.

MÁIS INFORMACIÓN:

– xuventude.net

– Rede Española de Albergues Xuvenís, (REAJ), con teléfono: 913084675 / 913197067

– http://reaj.com/intercambio.html