PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR EN BALNEARIOS “CUIDARELAX” 2016

Trátase dun programa da Unión de Pensionistas (UDP). Conxuga o apoio a coidadores coa asistencia a unhas xornadas de fin de semana nun balneario, onde se xuntan os tratamentos termais, o lecer e a psicoeducación. Esténdese a intervención ás parellas ou fillos/as dos coidadores principais de persoas maiores, ao contemplar aspectos desde a transversalidade de xénero para favorecer procesos de igualdade e corresponsabilidade conciliadora no coidado familiar.

BENEFICIARIOS: Calquera familia que teña ao seu cargo unha persoa maior en situación de dependencia pode acceder ao programa.

CUSTES: O programa está financiado polo IRPF e non ten custo para as familias participantes. O único gasto que deben asumir é o do desprazamento ata o balneario, que este ano 2016 será o de Laias, en Ourense.

ESTADÍAS:

-Primeira quenda: 24 ao 27 de xuño

-Segunda quenda: 1 ao 4 de xullo (grupo de repetidores)

-Terceira quenda: 29 de xullo ao 1 de agosto

-Cuarta quenda: 23 ao 26 de setembro.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS OU NO SEGUINTES CONTACTOS:

-Teléfono: 982223379

– cuidarelaxgalicia@gmail.com