Persoas beneficiarias o programa:
As persoas e familias residentes en Galicia que se atopan en situación de vulnerabilidade económica, ben porque carecen de ingresos efectivos, ou ben porque os ingresos da unidade de convivencia non superan o importe que lle correspondería en concepto de tramo persoal e familiar de RISGA, de acordo coas contías establecidas para o ingreso mínimo e os complementos familiares (artigo 21 da Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia), e non son perceptoras de prestacións económicas regulares de periodicidade mensual (RISGA, PNC, IMV, RAI, prestacións por desemprego…):
UNIDADE DE CONVIVENCIA (núm. convivintes) RISGA-importe (*) (**)
1 (Ingreso mínimo) 403,38
2 (Ing. mínimo + 14% IPREM) 478,68
3 (Ing. mínimo + 26% IPREM) 543,22
4 (Ing. mínimo + 36% IPREM) 597,00
5 645,41 650,78
6 645,41 704,56
7 645,41 726,08
(*) Límite máx. sen menores (120% IPREM) = 645,41
(**) Límite máx. con menores (135% IPREM)= 726,08
Contía das axudas económicas:
As tarxetas-moedeiro cárganse con distintos importes de axuda económica en función do número depersoas integrantes da unidade familiar (1, 2 ou 3 ou mais):
Número de membros Importe mensual Importe total (3 meses)
Unha persoa 150 euros 450 euros
Dúas persoas 200 euros 600 euros
Tres ou mais persoas 300 euros 900 euros
As tarxetas irán cargándose, con periodicidade mensual, cos importes de referencia, durante os tres meses seguintes á súa entrega.
Solicitudes:
As solicitudes da tarxeta-moedeiro tramitaranse, con carácter xeral, polos/as traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios municipais, na súa condición de profesionais de referencia do sistema galego de servizos sociais.
MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.