PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO

SOLICITANTES: Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

-Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.

-Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.

-Ser pesnionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.

-Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.

Deberán valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

DOCUMENTACIÓN:

-Solicitude telemática ou manual

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 7 de xuño de 2017

Concluída esta primeira fase, o prazo de presentación de solicitudes manterase aberto a partir do 8 de xuño de 2017, rematando o luns 26 de febreiro de 2018, para cubrir as posibles vacantes que se puidesen producir.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS