Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO 2018-2019

SOLICITANTES:

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
  • Deberán valerse por si mesmos e non  padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.

MODALIDADES:

  • Zona Costeira Peninsular: estadías en zonas de Costa Peninsular de 15, 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.
  • Zona Costeira Insular: estadías de 15,10 e 8 días en zonas de Costa Insular (Canarias e Illes Balears).
  • Turismo de Interior, coas seguintes actividades: con estancias desde 7 ata 3 días, cos seguintes tipos de viaxes:
    • Circuitos Culturais.
    • Turismo de Natureza.
    • Viaxes a Capitais de Provincia.
    • Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

SOLICITUDE DE PRAZA:

Se a pasada tempada persoa solicitante estaba acreditada para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude, xa que o Imserso dispón de todos os seus datos.
Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Desde o día 16 de maio de 2018 ata o 26 de febrero de 2019 distribuidos nas seguintes fases:

  • Primeira: a partir do 16 de maio ao 14 de xuño, recibirán acreditacións para os primeros días de comercialización do programa.
  • Segunda: a partir do 15 de xuño de 2018 ata o 26 de febreiro de 2019, para recibir acreditacións posteriormente.

MÁIS INFORMACIÓN:

No teléfono 901 109 899 IMSERSO. De luns a venres de 9 a 18 horas.

Nos Servizos Sociais Municipais.