PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO

SOLICITANTES: Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

-Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións

-Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos

-Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos

-Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos

-Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis

Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisiots de idade ou pensión.

Admitirase como acompañante a un fillo/a con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45% sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel.

MODALIDADES: Ofértanse distintas modalidades para gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2016 e xuño de 2017.

-Zona Costeira Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e Murcia

-Zona Costeira Insular: Canarias e Illes Balears

-Turismo de Interior: Circuitos culturais, Turismo de Natureza, Viaxes a capitais de provincia, Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 17 de xuño de 2016. No entanto, o prazo de presentación manterase aberto con posterioridade ao 17 de xuño e até o día 1 de decembro de 2016, para aquelas persoas que non formulasen no seu momento a solicitude, só para cubrir as posibles vacantes que puidesen producir as persoas acreditadas dentro do prazo inicial.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.