Programa específico de apoio á hostalería e axencias de viaxes

O pasado Martes publicouse no BOP o anuncio onde se aproban as Bases Reguladoras do PEL-Reactiva, que tratan sobre o Programa específico de apoio á hostalería e axencias de viaxes.

A Deputación destina nove millóns de euros a unha liña de axudas dirixidas á hostalería e axencias de viaxes en concellos da provincia de A Coruña cuia poboación non supere os 50.000 habitantes.

O prazo para solicitar as axudas abre o vindeiro 3 de maio ás 8:00 A.M e finalizará cando o crédito inicial quede esgotado. 

As solicitudes poderán ser enviadas por vía telemática a través da plataforma SUBTel da Deputación: http://sede.dacoruna.gal/

Enlace publicación no BOP do anuncio das Bases Reguladoras, onde se explica a documentación necesaria para presentación de solicitudes:

Programa de apoio á hostalería e axencias de viaxe