NORMATIVA:
Resolución do 7 de xuño de 2022, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para persoas maiores que desexen participar no Programa de Turismo. (BOE nº 144 do 17/6/2022)
Información na web do IMSERSO | Preguntas frecuentes sobre el Programa de Turismo 2022-2023
SOLICITANTES:
a) Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
- Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
- Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
PREZOS:
8 días (7 noites) | 10 días (9 noites) | ||||||
Destinos | |||||||
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana | 212,96 € | 269,83 € | |||||
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte) | 196,02 € | 235,95 € | |||||
Baleares | 248,96 € | 308,37 € | |||||
Baleares (sen transporte) | 195,78 € | 236,07 € | |||||
Canarias | 330,51 € | 405,53 € | |||||
Canarias (sen transporte) | 195,72 € | 235,95 € | |||||
Circuitos culturais (6d/5n) | 272,71 € | ||||||
Turismo Natureza (5d/4n) Capitais Provincia (4d/3n) Ceuta ou Melilla (5d/4n) | 266,81 € 115,98 € 266,81 € |
SOLICITUDE DE PRAZA:
- Non será necesario que as persoas acreditadas para viaxar en tempadas anteriores, cumprimenten nova solicitude, xa que recibirán un documento no que figuran os datos persoais e de preferencia de destino e que, só no caso de que queiran modificar algún deses datos, deberán devolver ao Imserso no prazo comprendido entre o 27 de xuño e o 19 de xullo de 2022, ambos incluidos
- Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.
- Recoméndase realizar a solicitude «en liña» xa que o proceso é moito máis rápido e permite estar acreditado case de maneira inmediata.
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
- A través da Sede Electrónica do Imserso
- Servizos Sociais Comunitarios
- Servizos Centrais do IMSERSO (Avda. de la Ilustración, s/n c/v c/ Xinzo de Limia, 58. 28029 Madrid)
- No Apartado de Correos 10.140, 28080 MADRID.
- En calquera das formas previstas no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Publicas.
PRAZO DE PRESENTACION:
Desde o 27 de xuño de 2022 e ata o 19 de xullo de 2022 -ambos os días inclusive-, permanecerá aberto un único período de presentación de novas solicitudes de participación neste Programa para a tempada 2022-2023.