Programa Xuntos polo nadal

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos:
Ofértanse un total de 526 prazas distribuídas do seguinte xeito:
-246 (2 quendas de 123 solicitantes cada un) na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Pontevedra e Lugo.
-280 (2 quendas de 140 solicitantes) na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes da provincia da Coruña e Ourense.

Datas:

Este programa levarase a cabo entre o día 22 de decembro de 2021 e o día 7 de xaneiro de 2022 en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites).
A primeira quenda efectuarase no período comprendido entre o 22 e o 29 de decembro e a segunda entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro.

Persoas beneficiarias:
a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
b) Estar empadroado nalgún concello galego.
c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.
e) Estar vacinado fronte á COVID-19 segundo o calendario sanitario vixente.

Prezo da praza:
As persoas participantes asistirán de forma gratuíta ao programa.
Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que se indique nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.

Prazo:
Ata o día 15 de novembro de 2021 (incluído)

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

 

Compartir en facebook
Compartir en whatsapp
Compartir en twitter
Compartir en telegram

Últimas Noticias