Pubícase o anuncio sobre a Aprobación Inicial do Estudio de Detalle relacionado coa realización dun equipamento con uso sociocultutal e/ou relixioso

ANUNCIO APROBACIÓN INICIAL ESTUDIO DE DETALLE

Aprobado inicialmente en data 28 de decembro de 2018 o estudio de detalle redactado pola Oficina Galega de Proxectos Arquitectónicos S.L.P.U. cuxo promotor é o Bispado de Lugo, referente a área que comprende o Souto no lugar de Pontequeimadas coa calificación urbanística de solo urbano co obxecto de modificar e reordenar os volumes de acordo co planeamento que afecta ao solar obxecto do mesmo, para levar a cabo a realización dun equipamento con uso sociocultutal e/ou relixioso na parcela. Organizando a situación da nova edificación, sen modificar ocupacións, nin aliñacións xa fixadas polo planeamento, nin alterar os usos do solo, cun criterio de integración paisaxística e urbanística, conseguirase a implementación dun novo uso (permitido na ordenanza) en edificación illada (permitida tamén pola ordenanza que lle é de aplicación ao solar) para uso e desfrute dos veciños da contorna e de todo o Concello, cumprindo sempre e en todo momento co disposto na normativa.

 

En cumprimento da Resolución de Alcaldía núm. 265/2018 de data 27 de decembro e do artigo 80.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública por prazo de un mes, contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

 

Durante o período de información pública, quedará o expediente a disposición de calquera que queira examinalo, aos efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [ https://toques.gal ].

 

A aprobación inicial do estudo de detalle leva a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado polo mesmo, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

En Toques, a 2 de xaneiro de 2019

ALCALDE

Asdo. Miguel Ángel Buján Varela