Aberto prazo de inscrición para a selección da Brigada que levará a cabo o Servizo de Extinción de Incendios durante o 2018

RESOLUCIÓN
ASUNTO: CONVOCATORIA SELECCIÓN PERSOAL INCENDIOS 2018: XEFE DE BRIGADA, PEÓN
CONDUCTOR E 3 PEÓNS.
EXPEDIENTE:2018/G003/000128
ANTECEDENTES:
Visto o Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local de
Toques para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016,
2017 e 2018 cofinanciado parcialmente co Fondo de Desenvolvemento Rural (FEADER ) no marco do
PDR de Galicia 2014- 2020;
Visto o informe de secretaría de data 06/06/2018 emitido ao respecto polo Secretario
Interventor municipal;
No uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Aprobar as bases que rexerán para a contratación laboral temporal do persoal que
integrará a brigada de incendios deste concello e que figuran como Anexo I á presente Resolución.
SEGUNDO.- Proceder á publicación de ditas bases no taboleiro de anuncios do concello e na súa
páxina web.
TERCEIRO.- Presentar oferta de traballo na oficina de Emprego de Melide e determinar como periodo
para presentar as solicitudes de participación no proceso selectivo ata o día 05 de xullo de 2018 ás
14:00 horas.
En Toques, o asina o Sr. Alcalde

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE UN XEFE DE
BRIGADA, UN PEÓN CONDUCTOR E TRES PEÓNS FORESTAIS.
Primeira.- Obxecto da convocatoria.- O obxecto desta convocatoria é a
contratación laboral temporal de UN XEFE DE BRIGADA, UN PEON CONDUCTOR
E TRES PEÓNS FORESTAIS para a formación dunha brigada contra incendios
forestais.
Ao presente proceso de selección seralle de aplicación o previsto no Decreto
Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da
Función Pública de Galicia; o artigo 177 do Real Decreto Lexislativo 781/1986 polo
que se aproba o Texto Refundido das disposcións legais vixentes en materia de Réxime
Local; artigos 91 e 103 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime
Local; a Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, no que
se refire a persoal laboral e supletoriamente, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo,
polo que se aproba o Regulamento de Réxime Disciplinario dos funcionarios da
Administración do Estado.
As contratacións obxecto da presente convocatoria están financiadas o 100%
polo Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a
entidade local de Toques para a participación na prevención e defensa contra incendios
forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018 cofinanciado parcialmente co Fondo de
Desenvolvemento Rural (FEADER ) no marco do PDR de Galicia 2014- 2020.
Segunda.- Modalidade de contratación.- Contrato laboral de duración
determinada, por obra ou servizo, a xornada completa.
Terceira.- Sistema de provisión.- Concurso -oposición
Cuarta.- Xornada laboral e salarios.- Contrato a xornada completa: 40 horas
semanais.
Salario bruto mensual:

Xefe de Brigada…………1.100,00 euros brutos mensuais, que inclúe
soldo mais parte proporcional de pagas extraordinarias.
Peón forestal/conductor……900,00 euros brutos mensuais, que inclúe
soldo mais parte proporcional de pagas extraordinarias.
Quinta.- Duración.- A duración dos contratos extenderase dende o 16-07-2018
ata o 15-10-2018.-
Sexta.- Requisitos dos aspirantes.-
Os que figuran no convenio suscrito entre este concello de Toques e a Consellería do
Medio Rural, a saber:
-Xefe de Brigada:
-Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Enxeñeiro de Montes,
Enxeñeiro técnico forestal, Técnico superior en xestión e organización de
recursos naturais e paisaxisticos, Técnico en traballos forestais e conservación
do medio natural ou formación profesional equivalente. Ademais terá carnet de
conducir B.
o Ser de nacionalidade española, sen prexuicio do disposto no artigo 57 da
Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
o Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder, no seu caso, a idade
máxima de xubilación forzosa.
o Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal
desenrolo das funcións correspondentes.
o Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de
calquera das administracións públicas, nin estar incapacitado ou
inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
– Peón conductor:

o Estar en posesión do permiso de conducción B.
o Ser de nacionalidade española, sen prexuicio do disposto no artigo 57 da
Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
o Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder, no seu caso, a idade
máxima de xubilación forzosa.
o Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal
desenrolo das funcións correspondentes.
o Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de
calquera das administracións públicas, nin estar incapacitado ou
inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Peón de brigada:
o Ser de nacionalidade española, sen prexuicio do disposto no artigo 57 da
Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
o Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder, no seu caso, a idade
máxima de xubilación forzosa.
o Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal
desenrolo das funcións correspondentes.
o Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de
calquera das administracións públicas, nin estar incapacitado ou
inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
Todos os requisitos esixidos deberán terse no momento de finalizar o prazo de
presentación de solicitudes, e manterse ao longo da duración do contrato.
Sétima.- Presentación de solicitudes.- O Concello de Toques presentará as
correspondentes ofertas de emprego na oficina do Servizo Público de Emprego de
Melide, e será ésta a encargada de convocar aos candidatos que reúnan os requisitos
esixidos polas ofertas e tamén os requisitos necesarios para poder participar nestas
contratacións.
Os/as aspirantes deberán presentar unha instancia (Anexo I), dirixida ao Sr.
Alcalde, no Rexistro Xeral do Concello de Toques, a esta instancia deberán achegar a
seguinte documentación, según sexa o posto de traballo:

A) D.N.I.
B) Certificados dos cursos/titulos relacionados co posto
C) Certificado do tempo que leva inscrito como demandante de emprego,
expedido pola oficina de emprego.
D) Permiso de conducir B1.
E) Certificado de coñecemento da lingua galega (Celga 2 ou equivalente).
F) Certificado médico de ser apto para a realización da proba de esforzo.-
G) Documentación acreditativa da titulación esixida para o posto, se fose
precisa.-
H) Informe de vida laboral acompañado de contratos de traballo ou de nóminas
ou de certificados de empresa.
O prazo para presentar as instancias rematará o día 5 de xullo de 2018 ás
14:00 horas.
As presentes bases publicaranse na páxina web e no taboleiro de concello.
Rematado o prazo de presentación de documentación dictarase a
correspondente Resolución sobre a admisión ou non dos solicitantes, resolución
que se publicará no taboeiro de anuncios do concello e na páxina web do Concello.
Os aspirantes terán un prazo de 2 días para presentar reclamacións. Se houbera
reclamacións publicarase unha resolución definitiva sobre a admisión ou non dos
solicitantes.

Oitava.- Fase de concurso. Baremo para a valoración de méritos.-
Procederase por parte do Tribunal a valorar os méritos alegados por cada un dos
candidatos, o baremo para a avaliación é o seguinte:
1) Cursos relacionadas coa actividade a desenvolver, a puntuación non poderá superar
os 3 puntos:
– Cursos de 100 horas ou máis: 0,75 puntos
– Cursos de 50 a 99 horas: 0,50 puntos.
– Cursos de 10 a 49 horas: 0,20 puntos.
– Aqueles cursos en cuio certificado acreditativo non consten o número de horas, ou
ben teñan unha duración inferior ás 10 horas, non serán obxecto de valoración.

2) Por antigüidade como demandante de emprego, a puntuación non poderá superar 1
punto:
– De 0 a 6 meses: 0,50 punto
– De 6 a 12 meses: 0,75 puntos
– De máis de 12 meses: 1 puntos.
3) Por haber participado en campañas de extinción de incendios en calquer
administración pública ou organismos dependente da mesma (Xunta de Galicia,
concellos, etc.), 0,10 puntos por mes traballado con un máximo de 1 punto.
Novena.- Proba de esforzo: Consistirá na realización do Test do Escalon de
Harvard, co obxectivo de medir a capacidade aeróbica máxima dos candidatos.
Esta proba será eliminatoria e obrigatoria para os/as aspirantes, eliminando aos que non
superen o valor promedio segundo a tabla do citado test.
Esta proba realizarase segundo a anexo II das presentes bases.
Décima.- Fase de oposición.- Consistirá nunha única proba práctica.
A proba práctica consistirá en realizar polos candidatos/as traballos que son
propios do posto de traballo utilizando a ferramenta do concello, na que se valorará a
aptitude, a eficiencia e a eficacia no desenrolo do mesmo.
Esta proba será eliminatoria e obrigatoria para os/as aspirantes, cualificándose
ata un máximo de 12 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non alcancen un
mínimo de 6 puntos.
Os candidatos deberán acudir provistos de DNI ou, na súa falta, pasaporte ou
carné de conducir.
A orde de actuación dos aspirantes será seguindo a orde alfabética dos apelidos
dos/as aspirantes.
Décimoprimeira.- Coñecemento da lingua galega.- Tendo en conta o artigo
35 do Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto
Refundido da Lei de Función Pública; aos candidatos/as que non presenten Certificado
de conocemento da Lingua Galega, Celga 2 ou superior, ou equivalente, deberán
realizar unha proba oral de coñecemento da lingua galega, de carácter obrigatorio e
eliminatorio, que será calificada de apto ou non apto.

Décimosegunda.- Tribunal Calificador.- Estará composto polos seguintes
membros:
Presidente: Dna. Mónica Seijas Rey, axente de emprego do concello de Toques.
Suplente: Dna. Ana Vallo Camba, Aedl do concello de Boimorto.
Vogais:
– 1º vogal: Dna. Guadalupe Vázquez Ascariz, Traballadora Social de Toques.
Suplente: Dna. María Ermitas Sánchez Gonzalez, Traballadora Social
do Concello de Sobrado.
– 2º vogal: D. Mauro Noguerol Urrutia, técnico de deportes do Concello de Toques.
Suplente: Marina Corral Pumar, Técnica de Cultura do Concello de
Toques.
Secretario: D. Jose Luis Guerra Ferreiro, Auxiliar administrativo do concello de
Toques.
Suplente: D. Iván Ponte Mahía, Secretario Interventor do Concello de
Toques.
Decimoterceira.- Acreditación de méritos.- Os méritos comprendidos no
apartado 1 da base oitava acreditaranse mediante copia compulsada do certificado
expedido polo órgano correspondente.
O tempo de antigüidade como demandante de emprego acreditarase mediante
certificado expedido ao efecto pola Oficina de emprego de Melide.
O coñecemento da lingua galega acreditarase mediante copia compulsada do
certificado correspondente.
A acreditación de ter participado en campañas de extinción de incendios
acreditarase mediante os correspondentes contratos, nóminas ou certificados de empresa
xunto co informe de vida laboral.
Decimocuarta.- En caso de empate aplicaranse os seguintes criterios de
prioridade:

A) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
B) Persoas en paro de longa duración (12 meses ou mais).
C) Persoas con responsabilidades familiares: ter ao seu cargo o/a cónxuxe,
fillos/as menores de 26 anos ou maiores con discapacidade, incapacitados ou
menores en acollemento.
D) Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social,
especialmente persoas beneficiarias da renda de integración social de
Galicia.
Decimoquinta.- Puntuacións.- Finalizado o proceso selectivo, publicaranse as
puntuacións no Taboleiro de anuncios do concello. Os candidatos terán un prazo de 2
días para presentar reclamacións. A puntuación total acadada será a suma da puntuación
obtida na fase de concurso e na fase de oposición.
Decimosexta.- Transcurrido o prazo para a presentación das reclamacións, o
Tribunal proporá á alcaldía a contratación das persoas que acaden a maior puntuación.
Se algún/algunha dos/as candidatos/as inicialmente propostos renunciasen á
contratación, pasaríase a contratar aos seguintes por orde de puntuación e así
sucesivamente.
A contratación dos/as aspirantes seleccionados/as corresponde ao Sr. Alcalde.
En todo o non previsto nas presentes bases estarase ao disposto na lexislación
laboral e lexislación sectorial complementaria que resulte de aplicación.

Toques, 18 de xuño de 2018.
O Alcalde
Asdo.: Miguel Angel Buján Varela

ANEXO I
MODELO DE INSTANCIA
D./Dna. ……………………………………………………………………………….. con DNI
núm. ……………………………. e con domicilio para efectos de notificación
en
…………………………………………………………………………………………………CP………………….. ..
……….., localidade……………….. e teléfono…………………………
EXPÓN:
– Que ten coñecemento da convocatoria e das bases para a
selección de …………………………………………como persoal laboral
temporal do Concello de Toques polos servizos do INEM.
– Que está en posesión de todos e cada un dos requisitos esixidos
nas bases de selección.
Polo tanto,
SOLICITA:
Ser admitido/a ao correspondente proceso selectivo, presentando para iso
a documentación que se achega.

Toques, de de 2018
Asdo.:
SR. ALCALDE DO CONCELLO DE TOQUES (A CORUÑA)

ANEXO II
TEST DEL ESCALON DE HARVARD
Otras denominaciones: Step Test
Objetivo: Medir la capacidad aeróbica máxima.
Desarrollo: Consiste en bajar y subir un escalón de 50,8 centímetros de altura durante 5
minutos con una frecuencia de 30 ciclos por minuto. Un ciclo se considera cuando el
alumno coloca un pie sobre el escalón, sube colocando ambos pies en el mismo,
extiende completamente las piernas y endereza la espalda, e inmediatamente desciende,
comenzando con el pie que subió primero. Cuando el alumno termina la prueba se
sienta y se realizan tres tomas de pulso, de 30 segundos cada una, del siguiente modo:
Una al minuto de finalizar el ejercicio (P1). Otra a los dos minutos (P2). Una mas a los
3 minutos (P3). Se obtiene una puntuación, que es el resultado del test, según la
siguiente ecuación:
(Duración del ejercicio en segundos x 100) : 2 (P1 + P2 + P3)
Este resultado se puede comparar en la tabla con la baremación correspondiente.
Existe una forma simplificada que consiste en realizar únicamente la primera toma de
pulsaciones al minuto de finalizar el ejercicio. La ecuación a aplicar es la siguiente:
(Duración del ejercicio en segundos x 100) : (5,5 Pulsaciones)

Normas: El ritmo debe de ser mantenido constantemente a lo largo de toda la prueba. Si
el alumno se retrasa en mas de 10 segundos la prueba se considera finalizada. Para
facilitar el ritmo de ejecución se puede utilizar un metrónomo.
Material: Banco o escalón de 50,8 cm de altura (aunque 50 cm también son válidos),
cronómetro y metrónomo.
Datos Normativos
La siguiente tabla es deportistas mayores de 16 años
Genero Excelente Bueno Promedio Regular Pobre
Hombre > 90 80-90 65-79 55-64 <55
Mujer > 86 76-86 61-75 50-60 <50

DILIXENCIA:
Póñoa eu, secretario, para facer constar que as presentes bases son expostas no
taboleiro de anuncios desta casa consistorial con data 18 de xuño de 2018.