¿Qué é a rede natura 2000?
A Rede Natura 2000 é unha rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade. Consta de Zoas Especiais de Conservación designadas de acordo coa Directiva Hábitat, así como de zoas de Especial Protección para as aves establecidas en virtude da Directiva Aves.
A Súa finalidade e asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e dos hábitats máis ameazados de Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade ocasionada polo impacto adverso das actividades humanas. É o principal instrumento para a conservación da natureza na Unión Europea
POLÍTICA AMBIENTAL E APROVEITAMENTO FORESTAL – A REDE NATURA 2000 E OS ESPACIOS NATURAIS PROTEXIDOS
A proposta de espacios que se incluirán na Rede Natura 2000 é consecuencia da posta en marcha da Directiva 92/43/CE, de conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres, aprobada polo Consello o 21 de maio de 1992 e incluída na lexislación nacional a través do Real decreto 1997/1995.
Esta directiva ten como finalidade contribuír a garanti-la biodiversidade coa creación dunha rede coherente de espacios, nos que se aplican medidas para a conservación dos hábitats naturais e de flora e fauna silvestres no territorio da Unión Europea. Do mesmo xeito indica a necesidade de establecer unha rede ecolóxica coherente de zonas de especial conservación.
O Consello da Xunta aprobou unha proposta que comprende 66 espacios cunha superficie en conxunto de 370.000 hectáreas, o que representa o 12,32% de Galicia. Os espacios propostos, como Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), someteranse a un proceso de avaliación a nivel estatal do que sairá a lista que España presentará, a través do Ministerio de Medio Ambiente, á Comisión Europea.
- Rede de espacios naturais de Galicia.
- Parque Nacional: o Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
- 6 parques naturais: Monte Aloia, Complexo Dunar de Corrubedo, Baixa Limia-Serra do Xurés, Invernadeiro, Fragas do Eume e Serra da Enciña da Lastra.
- 4 monumentos naturais: Fraga de Catasós, Souto da Retorta, Souto de Rozabales e Costa de Dexo.
- 5 zonas húmidas de importancia internacional incluídas no Convenio Ramsar: Ría de Ortigueira e Ladrido, Lagoa e Areal de Valdoviño, Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoa de Carregal e Vixán, Ría de Ribadeo e Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira.
- 66 espacios propostos pola Xunta de Galicia para integrarse na Rede Natura 2000 Europea: 57 LIC e 9 Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA)
Lugares propostos de Importancia Comunitaria (LIC)
Barómetro sobre a Rede Natura 2000 e comentarios sobre o progreso
Lugares de Importancia Comunitaria (en inglés. Traducción abaixo)
O barómetro dos monitores existentes no prograso da aplicación dos hábitats como da Directiva de aves nos 27 paises membros ata decembro de 2008 é claramente insuficiente e incompleta
En canto as ZPE o cambio clave é que Alemaña aumentou de xeito considerable a súa rede. Temén ampliou a súa lista de LIC. Suecia e Reino Unido tamén extenderon as súas redes de SCI sobor de todo nas zonas de medio ambiente mariño.
Na actualidade existe unha maior concienciación para aumentar a Rede Natura 2000 ao medio ambiente mariño. Para procurar isto fíxose un primeiro seminario para a rexíón do Océano Atlántico celebrada en Galway, Irlanda do 24 ao 25 de marzo de 2009.
Respecto a evaluacióncompletas das redes nacionais da SPA, non existe ningún proceso de relacción bioxeografica, pero a comisión fai uso de diferentes referencias científicas incluindo os inentarios nacionais onde existen, e a importancia para a Área de aves (IBA) publicada no BirdLife International.
Zonas de especial protección para as aves
Nota (en inglés. Traducción abaixo)
O barómetro Natura é administrado polo Centro Temático Europeo para a diversidade biolóxica e sobre a base da información transmitida oficialmente polos Estados Membros.
Numerosos sitios foron designados deacordo coas directivas da natureza xa sexa na súa totalidade ou en parte. Polo tanto non é posible misturar os números de aplicación das directivas para obter unha cifra global para Natura 2000.
A porcentaxe de superficie só se refire a superficie terrestre que foi designada na SPA (Directova de paxaros) proposta SCI ou SAC (Directiva de hábitats) da zona, sen incluir a área mariña. Algúns Estados membros designaron partes sustanciais das súas augas mriñas. Estos inclúense no número de lugares e zonas propostas pero non na porcentaxe de superficie. Agora estase a traballar activamente na evaluación da superficie das propostas nacionais para especies e hábitats mariños para o éxito de Natura 2000 en virtude a ambaladúas directivas, de xeito particular para o medio ambiente mariño de alta mar.
Varios estados miembros propuxeron grandes áreas inclundo as zonas de separación, mentres que outros propuseron somentes os núcleos. En ambolos dous casos o artigo nº 6 da Directiva do Hábitad tamén aplícase as novas actividades que están previstas fora do espazo de Natura 2000 pero que oden afectala.
Os 12 Estados Membros que se adheriron a UE o 1 de maio de 2004 e o 1 de xaneiro de 2007 teñen a obriga de clasificar as ZPE e propoñer os LIC da data de ahesión. Todos os paises presentaron as súas listas e as evaluacións están en curso.
A evaluación global da lista nacional pode ser revisada a alza ou a baixa, analizando de xeito científico máis polo miudo os datos, de xeito máis relevante os dos seminarios bioxeográficos.