REENCONTROS NA CASA PARA RESIDENTES NO EXTERIOR.

NORMATIVA:  Resolución do 9 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa Reencontros na Casa para persoas residentes no exterior, durante o ano 2016. (DOG nº 240 do 17/12/2015).

OBXECTO: Promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecento así os vínculos de unión con Galicia. As axudas consistirán no financiamento parcial do custo da viaxe a Galicia dos emigrantes galegos que carezan de recursos desde os seus países de residencia ata Galicia.

PRAZAS: A asignación de 204 prazas queda fixada para o ano 2016 do seguinte xeito: Arxentina 90, Brasil 19, Cuba 12, Uruguai 60, Venezuela 14, Outros países 9. As datas de realización serán, preferentemente, a finais do mes de xuño.

SOLICITANTES: Poderán ser solicitantes as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

-Ser emigrante galega

-Ter nacionalidade española

-Residir en América de xeito continuado, como mínimo, durante os últmos 10 anos

-Ter, cando menos, 65 anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes

-Non ter participado nos últimos 5 anos naturais en programas de viaxes a Galicia da xecretaría xeral de Emigración

-Valerse en por si  e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración

-Contar co consentimento de familiares ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade que que residan con eles durante a súa estadía en Galicia

-Ter ingresos inferiores a 3 veces o importe das bases de cálculo da prestación económica por ancianidade do estado español fixado en 2016 para o país de residencia.

ACHEGAS ECONÓMICAS: A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo, con carácter xeral, do 60% do custo da viaxe a Galicia. Naqueles países en que a base de cálculo da prestación económica por ancianidade en 2016 non supere os 3.000€ anuais, a secretaría xeral farase cargo do 90% do custo da pasaxe. Naqueles países en que existan dificultades para acceder ás divisas necesarias para sufragar a parte que deberá aboar o beneficiario, debido a dificultades na política cambiaria, poderá sufragarse o 100% da pasaxe.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ate o 29 de febreiro de 2016.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.