Remate do campamento urbán do concello de Toques

Fai unhas semanas empezamos os campamentos de verán no Concello de Toques con ilusión e moitas expectativas. Todas se cumpriron. Xanela Ocio, coas monitoras fixeron as ledicias dos cativos, rematando cada día cun cursiño de natación.

Ao remate do campamento urbán, os nenos e nenas levaron a cabo a estrea do CIRCO TOQUIÑO, onde puidemos ver as habilidades e simpatía dos nosos cativos e cativas.

campamento urban toques