Renovación do Alumeado Público Exterior no Concello de Toques

O Concello de toques acometeu obras por importe de 189.543,31 euros na renovación do alumeado público exterior no municipio, dos cales 151.634,65 euros foron financiados por parte do FEDER a través do IDAE (Instituto para la diversificación y ahorro de la energía)

Actuouse en 256 dos 888 puntos de luz existentes, sustituindo as actuáis luminarias provistas principalmente con lámpadas de vapor de sodio de alta presión, por novas luminarias e lámpadas de tecnoloxía LED máis eficientes, e actualizando os 43 cadros de mando existentes para adaptalos a normativa vixente. Con esta actuación diminuirase a potencia de 22,60 kW a 9,52 kW e conseguiráse un aforro enerxético estimado do 64,05%.