Servizo de normalización lingüística do concello de Toques

Servizo de normalización lingüística  O Concello de Toques forma parte do Servizo de Normalización Lingüístico dos concellos agrupados de Melide, Palas de Rei, Santiso e Toques.

O Servizo de Normalización Lingüística Terra de Melide convocou o IV Premio “Terra de Melide” á defensa do idioma, onde o Concello de Toques participou unha decisión do xurado onde Paco Veiga acadou a meirande parte dos votos.

Paco Veiga foi premiado pola súa trascendencia social na comarca, pola súa inequívoca actitude que incide nun maior uso social do galego e na potenciación do seu prestixio, especialmente entre as novas xeracións de melidaos e melidás.

 Tras recoller o premio, Veiga moi acertadamente tras agradecer o premio, comentou:

“antes de falar galego hai que ser galego; o idioma non se normalizará ata que non sexamos galegos”.

O nosos parabéns para Paco Veiga.

Esperamos que o uso do galego sexa un feito real e que estes premios deixen e teñan un valor sentimental e non normalizador…