Socorrismo Acuático

A Academia Galega de Seguridade Pública publicou recentemente no Diario Oficial de Galicia dúas resolucións en relación co Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos, tal e como se relata a continuación:

  1. RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Publicado no DOGA Número 42, do Xoves 28 de Febreiro de 2019

  1. RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2019 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

Publicado no DOGA Número 43, do 1 de Marzo de 2019