SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DO PROGRAMA DE INFRAVIVENDA NO ÁMBITO ARI DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

NORMATIVA: Orde o 4 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do programa de infravivenda no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago. (DOG nº 100 do 27/05/2016).

OBXECTO: Apoiar aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes, situados no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago para que poidan axudar, con carácter urxente, as unidades de convivencia que habiten, en condición de propietarias, nunha vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade.

REQUISITOS DAS ACTUACIÓNS:

-Deberán axustarse á normativa técnica e urbanística en vigor e cumprir a normativa vixente en materia de habitabilidade e funcionalidade

-Non poden estar iniciadas no momento da presentación da solicitude

-O prazo de execución das obras virá fixado na resolución de concesión da subvención, sen que en ningún caso poida exceder 6 meses.

CONCEPTO E REQUISITOS DAS UNIDADES DE CONVIVENCIA:

-Considérase unidade de convivencia o conxunto de persoas que residen en condición de propietarias nunha infravivenda, con independencia da relación de parentesco que exista entre todas elas

-Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares. As unidades de convivencia deberán acreditar uns ingresos ponderados inferiores ao IPREM

-Será requisito necesario para a concesión da axuda que algún membro da unidade de convivencia sexa propietario/a da vivenda obxecto da actuación e, así mesmo, que ningún membro da unidade de convivencia sexa propietario/a doutra vivenda en todo o territorio nacional.

CONTÍA DAS AXUDAS: As axudas aos concellos para as actuacións sinaladas poderán acadar ata o 80% do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 12.000 euros por edificación.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Na Xefatura Provincial do IGVS que corresponda por razón da situación da vivenda.

PRAZO: Comenzará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e terminará cando se esgote a partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso, o 30 de novembro de 2016.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.