Subvencións a particulares para equipamentos térmicos de biomasa.

NORMATIVA: Resolución do 20 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para caldeiras de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023. (DOG nº 12 do 18/1/2023).

OBXECTO: Apoiar proxectos promovidos polos particulares con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante caldeiras que utilicen biomasa como combustible.

CONTÍA: A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación. A contía máxima por proxecto será de 8.000 €.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

Os proxectos de biomasa que se subvencionaran son os do grupo:

B1 caldeiras que utilicen leña, B2 (caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible inferior a 3.000 l) e B3 (caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible maior ou igual a 3.000 l).

Serán subvencionables:

  1. O equipamento principal de xeración enerxética.
  2. O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).
  3. Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
  4. O custo do sistema de almacenamento do combustible.
  5. O custo do sistema de alimentación do combustible.
  6. O custo de montaxe e conexión.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e a documentación xustificativa da actuación).

Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas á convocatoria de axudas para equipos térmicos de biomasa.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de marzo de 2023 ás 9.00 horas e rematará o 29 de xuño de 2023 ou cando se esgoten os fondos.