Subvencións destinadas á adquisición de vehículos de transición a unha mobilidade eficiente.

NORMATIVA: RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (código de procedemento IN421T e IN421U).

OBXECTO:  Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, recollidas como anexo I desta resolución e se procede a convocatoria para a anualidade 2019 (IN421T IN421U).

VIXENCIA DO PLAN:  O plan inicia a súa vixencia a partir do día seguinte hábil ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de outubro de 2019 ou ata que se esgoten os fondos.
FORMA E PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES:
1. As solicitude de adhesión presentaranse pola entidade colaboradora interesada segundo o modelo anexo II da resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.
2. As solicitudes de axudas presentaranse polas entidades colaboradoras segundo o modelo do anexo IV da resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 30 de xullo de 2019 ás 9.00 horas e rematará cando se esgoten os fondos.

BENEFICIARIOS:
a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:
Tipo de vehículo
-Turismo M1, nivel de axuda A: cun límite de emisións de ata 100 g CO2/km, cunha axuda de ata 1.500 €
-Turismo M1, nivel de axuda B: cun límite de emisións de ata 120 g CO2/km, cunha axuda de ata 1.000 €
-Furgonetas o camións lixeiros N1: cun límite de emisións de ata 137 g CO2/km, cunha axuda de ata 1.000 €

INFORMACIÓN AOS INTERESADOS:
1. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico inega.info@xunta.gal .
2. No teléfono 981 54 15 00.