Normativa
Resolución do 16 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2021 . (DOG nº 59 do 29/03/2021).
Obxecto
Convocar para o ano 2021, en réxime de concorrencia non competitiva as subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos e á instalación de domótica enerxética en vivendas situadas en Galicia por parte de persoas físicas, para promover actuacións que fomenten o aforro e eficiencia enerxética.
Persoas beneficiarias
As persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 nunha vivenda sita na CA de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal
Vixencia do plan
Do 30 de marzo ao 30 de setembro de 2021 ou cando se esgoten os fondos.
Actuacións que se subvencionan e contía máxima das axudas
a) Actuación 1. Plan Renove de electrodomésticos.
É subvencionable a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética A+++. No caso das placas é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total. Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.
Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de dous electrodomésticos por beneficiario.
Electrodomésticos subvencionables | Consumidor vulnerable | Consumidor vulnerable severo |
Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D | 150 € | 300 € |
Conxelador con clasificación enerxética A, B,C ou D | ||
Lavadora A, B ou C | 100 € | 200 € |
Lavalouza A, B ou C | ||
Placas de indución total (só tecnoloxías inducción, non mixtas) |
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.
Para os efectos desta convocatoria considéranse consumidores vulnerables e vulnerables severos os que cumpran os requisitos establecidos no Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regulan a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica e sexan beneficiarios do bono social eléctrico (desconto do 25 % para consumidores vulnerables e de 40 % para consumidores vulnerables severos), o que deberá acreditarse mediante a presentación dunha factura de enerxía eléctrica cunha antigüidade máxima de 3 meses anteriores á data en que se presenta a solicitude de reserva de fondos. O beneficiario só poderá beneficiarse da axuda correspondente a consumidor vulnerable ou vulnerable severo na vivenda que figure na factura de electricidade con aplicación do bono social.
Forma de presentación de solicitudes
As solicitudes subscribiranas directamente as entidades colaboradoras.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 20 de abril de 2021 ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2021 ou cando se esgoten os fondos.
Información ás persoas interesadas
Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:
Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico (inega.info@xunta.gal).
No teléfono 981 54 15 00.