Subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos

Normativa: Resolución do 16 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2022 (IN414B e IN414C). (DOG nº 41 do 1/03/2022).

Obxecto: Convocar para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva as subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos e á instalación de domótica enerxética en vivendas situadas en Galicia por parte de persoas físicas, para promover actuacións que fomenten o aforro e eficiencia enerxética.

Actuacións subvencionables Plan Renove de electrodomésticos:

É subvencionable a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética A+++. No caso das placas é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total. Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.

Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de dous electrodomésticos por beneficiario.

Electrodomésticos subvencionablesConsumidor xeralConsumidor vulnerableConsumidor vulnerable severo
Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D150 €300 €450 €
Conxelador con clasificación enerxética A, B,C ou D
Lavadora A, B ou C100 €200 €300 €
Lavalouza A, B ou C
Placas de indución total (só tecnoloxías inducción, non mixtas)

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

Presentación das solicitudes: As solicitudes subscribiranas directamente as entidades colaboradoras. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas.

Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 23 de marzo de 2022 ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos.

Máis información:

Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico (inega.info@xunta.gal).

No teléfono 981 54 15 00.