Subvencións do programa de rehabilitación edificatoria

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE REHABILITACIÓN EDIFICATORIA DO PLAN ESTATAL.

NORMATIVA: Orde do 10 de xullo de 2015 (DOG nº 136 do 21/07/2015)

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: as actuacións dirixidas á conservación, á mellora da calidade e da sustentabilidade, así como á realización de axustes razoables en materia de accesibilidade, nos edificios de tipoloxía residencial colectiva que reúnan os seguintes requisitos:

  • Que estean finalizados antes de 1981
  • Que, polo menos, o 70% da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial.
  • Que, polo menos, o 70% das súas vivendas constitúa o domicilio habitual das persoas moradoras.

CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS: a contía máxima das subvencións que se concederá por edificio, non poderá superar o importe de multiplicar 11.000 € por cada vivenda e por cada 100 m2 de superficie útil de local, ou 12.100 € cando se trate de edificios declarados bens de interese cultural.

En todo caso, a contía máxima das subvencións que se concederán por edificio non poderá superar o 35 % do custo subvencionable da actuación. No caso de actuacións para a mellora da accesibilidade, e só na partida correspondente á accesibilidade, poderase chegar ao 50 %.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

Sede electrónica: https: //sede.xunta.es

Instituto Galego de Vivenda e Solo

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Ata o 21 de agosto de 2015