Subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido.

Normativa: Orde do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido, en réxime de concorrencia non competitiva, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para a anualidade 2022.

Obxecto: Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido, en réxime de concorrencia non competitiva, (IF319B) así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (IF319A) e convocalas para a anualidade 2022.

Contía máxima das axudas:

Cada beneficiario só poderá recibir unha axuda pola adquisición dunha única bicicleta con pedaleo asistido que cumpra os requisitos técnicos, cos seguintes límites:

  • Beneficiario/a xeral: 500 €
  • Beneficiario/a integrante dunha familia numerosa: 600 €
  • Beneficiario/a integrante familia numerosa con categoría especial: 700 €

Lugar de presentación: A tramitación do procedemento de solicitude de axuda (IF319B) realizarase a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, https://ebici.xunta.gal

Prazo de presentación: Comezará o 1 de agosto de 2022, ás 10.00 horas, e finalizará o 15 de novembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos.