SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO DA ARI DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

NORMATIVA: Orde do 29 de maio de 2017 pola que se modifica a Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e viviendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, se establecen as bases reguladoras das subvencións deste programa e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 112 do 14/6/2017)

OBXECTO: Financiar actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas situadas no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago e que conten coa resolución de cualificación definitiva do IGVS.

BENEFICIARIAS: As comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva.

CONTÍA: As axudas contidas no Plan estatal 2013-2016 terán un importe máximo de 11.000 € por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que en ningún caso poida exceder o 35% do custo subvencionable da actuación reflectido na cualificación definitiva.

As axudas autonómicas terán un importe máximo de 4.000 € por cada vivienda obxecto de rehabilitación, sen que en ningún caso poida exceder o 10% do custo subvencionable da actuación reflectido na cualificación definitiva.

PRAZO DE SOLICITUDE: Rematará o 30 de novembro de 2017 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario.