Termalismo Social Imserso 2020

Resolución do 10 de decembro de 2019, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo. (BOE nº 300 do 14/12/2019)

Requisitos das/dos usuarias/os

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

Prazas e quendas convocadas:

Convócanse prazas para participar no Programa, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo I, onde tamén se especifica o tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, asi como o prezo a pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda.

As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida.

Documentación:

Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.

Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2019, deberá formalizar nova solicitude e declaración sobre o estado de saúde:

Lugar de presentación:

Prazo de presentación:

Para participar no proceso de adxudicación de praza:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 10 de xaneiro de 2020.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 15 de maio de 2020.

Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 14 de maio de 2020.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 30 de outubro de 2020.