Termalismo Social IMSERSO 2022

Normativa: Resolución do 16 de novembro de 2021, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo. (BOE nº 284 do 27/11/2021)

Requisitos das/dos usuarias/os

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.

Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.

Prezo e forma de pago das prazas

O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario, mes e tipo de quenda, no cadro anexo I.

Lugar de presentación

– Pola súa sinxeleza, rapidez e seguridade, recoméndase a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso.

Prazo de presentación

Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:

a) Para participar no proceso de adxudicación de praza:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 31 de decembro de 2021.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2022.

b) Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2022.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 30 de outubro de 2022.

Máis información: