TERMALISMO SOCIAL IMSERSO

NORMATIVA: Resolución de 13 de novembro de 2017, do IMSERSO, pola que se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo (BOE nº 289 do 28/11/2017).

REQUISITOS DOS/AS USUARIOS/AS:

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

PRAZAS E QUENDAS CONVOCADAS: Convócanse 208.500 prazas para participar no Programa.

As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida. O programa desenvolverase entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2018.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Para participar no proceso de adxudicación de praza:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 4 de xaneiro de 2018
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 11 de maio de 2018.

Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 10 de maio de 2018.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 31 de outubro de 2018.

Sen perxuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano 2017, os seus expedientes estén completos.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.