Toques asina o convenio coa Rede Cultural da Deputación da Coruña

O concello, co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, acolleuse a dito programa financiado pola Deputación.

O pasado 8 de Maio, o Alcalde, Miguel Á. Buján ven de asinar o convenio de colaboración entre ambas entidades que permitirá organizar e realizar en Toques espectáculos con representantes dos ámbitos musicais, teatrais e da maxia.