O CONCURSO DE DISFRACES DESTACA POLA ELABORACIÓN DOS TRAXES E O INXENIO E A ORIXINALIDADE DAS TEMÁTICAS ESCOLLIDAS POLOS PARTICIPANTES.
Eran as catro da tarde cando comezaron a chegar os primeiros participantes, romanos, bruxas, espantallos e animaliños coma ovellas ou pingüinos. Case que coa sala do albergue de Souto chea, o ambiente era moi colorido e festivo, igual que os mellores entroidos. Non había demasiada xente coma anos anteriores pero había moita espectación para que comezase o concurso e coñecer o resultado final. Mentres tanto a festa incluía como unha actividade máis un taller de maquillaxe que pronto produciu as primeiras “obras de arte”, e un taller de confección de caretas para que os máis cativos puideran colorear e recortar as súas propias.
A partir das cinco da tarde xa estaba todo preparado para que comezase o tan esperado concurso de disfraces. A organización repartía a cantidade de 400 € en cinco premios, e para decidir cales eran os mellores, baremaron según a orixinalidade, a laboriosidade e a interpretación do disfraz e da temática do mesmo.
Así, foron desfilando un tras outro, alguns con música e outros simplemente mostrándose ante o público que aplaudía e vitoreaba a cada un dos máis dunha ducia de participantes.
Mentres o xurado se retiraba a dictaminar, os presentes puideron catar as orellas, doce gastronómico da época, acompañadas dun refresco e tarta de chocolate para deleitarse e amenizar a espera.
Finalmente o xurado emitiu o seu veredicto, con moita discusión e dificultade xa que na puntación obtida según os tres baremos había empate técnico entre catro participantes. Con todo ao final:
1º PREMIO: IMOS Á FEIRA
2º PREMIO: ABELLAS DE PRADOS
3º PREMIO: TIOVIVO
4º PREMIO: ESPANTALLOS
5º PREMIO: PAVOS REAIS








