TORNEO DE TENIS DE DOBRES

AS PARELLAS INSCRITAS, FEMENINAS E MASCULINAS, XOGARÁN XUNTAS NO MESMO TORNEO

O vindeiro sábado 12 de marzo, no polideportivo de Souto, terá lugar o primeiro torneo de tenis do ano en Toques.

Trátase dunha modalidade pioneira ata o de agora no noso municipio, xa que por primeira vez xogarán parellas de homes e parellas de mulleres no mesmo torneo. Esta iniciativa servirá de experiencia piloto para futuras ocasións entre outros aspectos.

O torneo consta de dúas fases. Na primeira fase os participantes repartidos en dous grupos, xogarán todos contra todos en cada grupo para conformar unha clasificación que a posteriori valerá para formar o cadro de consolación e máis o cadro principal.

A eliminatoria de consolación a xogarán os tres últimos clasificados de cada grupo; e os dous primeiros clasificados de cada grupo xogarán unha final a catro polo título.

SKM_C284e16031013410_0001 SKM_C284e16031013510_0001 SKM_C284e16031013410_0003  LOGO SERVIZO DEPORTES

Identidade Deputación da Coruña