Torneo de tenis en Toques 2015

Tivo lugar o pasado 21 e 22 de febreiro no polideportivo de Souto, o sábado as fases regulares en cada grupo e, a última hora, a primeira ronda eliminatoria. O domingo os cuartos de final e o play off final.

Participaron 22 persoas repartidas en 11 parellas, que foron repartidas en dous grupos de 6 e 5 respectivamente. Tras a popular liguilla en cada grupo, todas as parellas integrantes participaron nas fases eliminatorias. A gran final o domingo 22 ás 12, enfrentou a Javi Penas e Cristian Brañas contra Martín Conde e Iván Rouco, ao mellor de tres sets, impoñéndose os segundos cun resultado favorable de 3-6 e 5-7

Finalistas torneo de tenis Toques 2015

Mentres se xogaron os 35 partidos finais non faltou de nada, os participantes mostraron gran interés e un elevado índice de implicación e colaboración, xa que ademáis de xogar os seus propios partidos axudaron proporcionando as bolas para os sucesivos saques.

Destacar que os finalistas non foron primeiros do seu grupo senon que eran o segundo e terceiro clasificado do grupo da mañá, mostra da gran igualdade entre os aspirantes a gran final.

A organización agradece a participación de todos os tenistas amaters, e felicitaos polo gran nivel mostrado facendo que todo o torneo fose entretido e espectacular.

Coma en tódolos torneos deste circuito de tenis de Toques os catro finalistas marcharon con cadanseu trofeo conmemorativo do resultado acadado. Houbo tempo para sortear dúas raquetas e houbo algún que outro agasallo para os que se acercaron ata o polideportivo de Souto.

Agora tócalle o turno ás féminas, que ata o 13 de marzo pódense apuntar ao torneo de dobles que terá lugar o 21 de marzo. Tamén os máis cativos teñen a posibilidade de apuntarse a un torneo específico para eles.

A liga regular incluida tamén no circuito de tenis 2015, sigue o seu transcurso con total normalidade, en marzo disputaranse a cuarta e quinta xornada co cal a competición chegará ao seu ecuador.