Xornada de Badminton de Deporte Escolar

O Concello de Toques organiza a segunda xornada de badminton de Deporte Escolar.

A xornada terá lugar  sábado 25 de xaneiro no Polideportivo de Toques.

Os 75 escolares que participan proceden dos concellos de Boimorto (Escola Deportiva), Melide (Escola Deportiva), Trazo (Escola Deportiva), Ordes (CEIP Alfonso Castelao) e Santiago (IES Xelmírez), ademáis dos 10 integrantes da Escola deportiva de Toques.

Estos equipos deportivos están encadrados na comarca de Santiago, unha das catro que hai na provincia de A Coruña, e este ano en Toques, por primeira vez, organízase unha xornada deportiva de este estilo, tras dous anos participando nas xornadas de badminton.

En horario de mañá, os participantes, distribuidos por categorías, xogarán nas oito canchas existentes no polideportivo de Souto, desde as 10 ata as 13 horas.