Xornadas divulgativas da Capela de San Antoiño de Toques

En Toques, durante os meses de Xuño, Xullo e Agosto, A Capela de San Antoiño, ubicada na Parroquia de Santa María da Capela, abrirá as portas ao público en xeral para visitar o seu interior onde se pode ver  as pinturas murais do século XV ou a imaxe do Calvario do século XII coas explicacións oportunas a cargo dun especialista en Historia e Arte. A Capela, que contén nas súas fachadas vestixios de Arte pre-románico, terá o seguinte horario de apertura durante os meses de verán:

Sábados de 11h. a 13h. e de 17h. a 20h.

Domingos de 11h. a 13h.

Para solicitar máis información pode realizarse por vía telefónica nos seguintes números: 675457934 / 629869923

Esta actividade dinamizadora está organizada e promocionada polo Arciprestazgo de Abeancos (Unidade Pastoral Nº 3), Diócese de Lugo e polo Concello de Toques.