Saúdo do Alcalde

Alcadel de Toques

Estimad@s veciñ@s!

Recibide un cordial saúdo en nome do Concello de Toques e da súa corporación municipal.

Aproveitando as oportunidades das novas tecnoloxías da información, amosamos a  nosa páxina web, para que nos sirva de ferramenta para axilizar as xestións e coñecer de primeira man as novas que acontecen no ámbito municipal.

Nesta nova etapa que comeza, esperamos recuperar esa normalidade que tanto anhelamos para poder continuar cas nosas prioridades de goberno: manter e aumentar os servizos sociais apoiando ós mais desfavorecidos e dinamizar o ámbito económico, social,  cultural e deportivo a través dos distintos programas que estamos a desenvolver.

Queremos , en definitiva, que a través desta páxina, @s veciñ@s de Toques, @s visitantes e as persoas que viven lonxe de aquí poidan coñecer o noso concello e as actividades que a aquí se levan a cabo.

Un saúdo

O Alcalde de Toques

José Ángel Penas García.